Árbore Azul
Cultura e arte
Quen somos?
Árbore Azul é un organismo vivo, que se adapta a cada idea, cada soño, cada proxecto, para lle achegar todo o seu coñecemento, creatividade e enerxía mediante tres vías: a tradución, a ilustración e a promoción da lectura e da creatividade.
Son Raquel Senra, ilustradora, tradutora e promotora da lectura en Árbore Azul. Son de Compostela, lugar ao que volvín hai uns anos e onde atopei o espazo e o tempo para sacar adiante de forma autónoma un proxecto co que poder desenvolver todas as facetas para as que me formei, achegar propostas que coiden da natureza e das persoas, así como crear un posto de traballo estable.

Que facemos?
Os proxectos que desenvolvo organízanse en catro liñas de traballo, con proxectos doutras entidades e tamén propios:
· Tradución: transformo mensaxes para que se entendan noutras realidades lingüísticas e culturais, tamén reviso e redacto textos.
· Ilustración: creo realidades ilustradas para produtos, carteis, libros etc. doutras entidades e tamén teño tenda en liña con artigos propios.
· Promoción da lectura e da creatividade: deseño actividades para fomentar o hábito de ler e estimular a creatividade con diferentes grupos de idade.
· Edición: publico libros enmarcados dentro do ecofeminismo cos criterios de sostibilidade medioambiental e tamén preparo manuscritos de diversos tipos para envialos á imprenta.
Teño presente a inclusión
Comparto un espazo de traballo con outros proxectos empresariais e contratamos conxuntamente a Compostela Inserta para as tarefas de limpeza do local.
Somos ESS porque...
a vida e o ben común están por riba do lucro. Traballo e colaboro aplicando medidas de emprego digno, coido do planeta en todos os procesos e, sempre que é posible, colaboro con proxectos locais. Aplico tarifas xustas, traballo con transparencia e estou comprometida coa contorna, promovendo a igualdade e a participación de todas as persoas.
- Avenida de Rodríguez de Viguri 6, 1º - 15703, Santiago de Compostela, A Coruña
- 686 088 457
