Compostela Inserta EIL
Emprego social
Quen somos?
Unha empresa sen ánimo de lucro, os beneficios non se reparten entre as posibles persoas socias, senón que son investidos de novo na propia entidade. Os valores nos que se fundamenta dende a súa constitución están directamente vinculados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Trabállase directamente con persoas pertencentes a colectivos en situación ou risco de exclusión social, sendo estas as principais beneficiarias das súas actividades.
Miguel Fernández Blanco é o administrador único da entidade, promovida pola Asociación Plataforma polo Emprego, dal cal é presidente. Tamén é o presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA); o responsable da área de emprego e inmigración de Cáritas de Santiago; o voceiro-coordinador do Foro de Inmigración de Santiago e do Foro Galego de Inmigración. Participa en diferentes grupos de técnicos-expertos da administración de cara á implementación de cambios e propostas de tipo normativo nas áreas antes relacionadas.

Que facemos?
Prestación de servizos de limpeza e axuda a domicilio; pequenos portes, mudanzas ou baleirados de espazos; recollida, reciclaxe e compostaxe de residuos orgánicos de orixe vexetal.
Somos ESS porque...
A nosa iniciativa de inserción socio-laboral realízase de maneira intrínseca dende a ESS, pois a nosa natureza como Empresa de Inserción Laboral (EIL) obríganos a cumprir os seus principios:
· Prioridade do Social: O noso obxectivo esencial é a inclusión laboral de persoas en exclusión. O beneficio é un medio, non o fin.
· Reinvestimento: O 100% dos excedentes económicos son reinvestidos nos itinerarios de inserción e na mellora da entidade.
· Compromiso Integral: Integramos a dimensión ecolóxica (Economía Circular) e o traballo digno.
· Consumo Responsable: Facilitamos que a contratación dos nosos servizos (portes, xestión de AVU) sexa un acto de investimento social e non de caridade.
- Rúa dos Concheiros 33, 1º 15703 Santiago de Compostela
- 695 668 623
