Zocamiñoca
Alimentación
Quen somos?
Unha cooperativa onde o máis importante somos as persoas e tomamos as decisións colectivamente, traballamos con agricultoras próximas coas que queremos ter contacto directo e colaborar e sempre damos preferencia no nosos consumo aos proxectos cooperativos, que coidan o medio ambiente e que coidan ás persoas. E ademais diso intentamos difundir estos valores entre a sociedade, non só coa nosa propia actividade de consumo senón tamén con charlas, talleres, mercados e participación en redes.
Detrás desta iniciativa estamos:
· Marcial, interesado pola ecoloxía e o consumo, vinculado a Zocamiñoca desde o nacemento e moi ilusionado porque este proxecto siga vivo.
· Maru, vinculada a Zocamiñoca desde o nacemento e amante na Natureza e dos animais. Moi interesada en los colectivos sociais e a capacidade de unirnos para acadar cousas.
· Pancho, vinculado a Zocamiñoca desde o comezo, amante da arqueoloxía, a xeografía galega e interesado desde sempre en consumir local e ecolóxico.

Que facemos?
Reparto entre as socias de alimentos e outros produtos de uso doméstico segundo os seguintes criterios:
· Produtos ecolóxicos con certificado ou sen el se existe unha relación de confianza e que sexan aceptados como tal. Realizaranse análises se fose preciso para comprobar a non utilización de compostos químicos non compatibles co concepto de ecolóxico
· De proximidade
· Produtos de tempada
· Embalaxe mínima
· Relacións directas entre as persoas produtoras e consumidoras
· Ética empresarial
· Priorizarase o acceso aos produtos para unha base de alimentación vexetariana
Somos ESS porque...
somos unha entidade cooperativa que tomamos as decisións colectivamente e traballamos con entidades similares e tentamos potencialas e visibilizalas. Nos alimentos e produtos que ofrecemos na cooperativa teñen moito peso o traballo digno, a toma de decisións colectiva, a defensa do planeta e o coidado da saúde das persoas.
Defendemos o consumo dun alimento san, que protexe o medio ambiente e que está producido respectando os dereitos das persoas que participan no proceso, e con el, axudamos a asentar poboación no rural, a manter o entorno natural e a mellorar as condicións de traballo.
- Avenida da Concordia, 199 baixo - A Coruña
- 698 183 847
