Sacauntos
Editorial e imprenta
Quen somos?
Unha cooperativa de traballo asociado dedicada á produción gráfica e editorial formada por sete socias de formación e traxectoria diversa. Malia que o porquiño é o animal totémico da Sacauntos, ben podería selo o ornitorrinco.
Maribel encárgase da atención á clientela e de tarefas administrativas.
Manuela é responsábel de produción e tamén se dedica ao eido comercial e administrativo.
Carlos é o outro responsábel de produción e desenvolve proxectos.
Denís é o responsábel do departamento de deseño.
Rodrigo traballa en manipulados gráficos e contabilidade.
Paulo encárgase de que as máquinas se manteñan imprimindo.
Tomás coordina os traballos e fai un pouco de todo.

Que facemos?
Dedicámonos á produción gráfica e editorial. Ofrecemos servizos e produtos que cobren todo o proceso, desde o desenvolvemento gráfico á execución física do traballo. No caso dos libros, tamén contamos con dous selos propios (Urco Editora e Companha Editora) e ofrecemos servizos de revisión, valoración de orixinais, publicación, distribución etc.
No ámbito alleo á edición de libros, traballamos sobre os soportes gráficos máis habituais, como cartelaría, folletos, grandes formatos, estruturas e demais.
Somos ESS porque...
A nosa cooperativa leva, desde o seu nacemento, traballando a prol dos movementos sociais do país, a defensa da lingua e a cultura galegas, do deporte de base e da economía social. Temos un trato e uns prezos especiais con todas aquelas entidades sociais que comparten os nosos valores.
A enerxía que consumimos é 100% de orixe renovábel. A reciclaxe da merma de papel que xeramos corre a cargo dunha cooperativa que emprega máis dun 90% de persoas con diversidade funcional.
- Rúa da Torreira 23-25 - Compostela
- 615 451 703
