O Laghar
Vivenda e construción
Quen somos?
Este Grupo de Vivenda Colaborativa está formado por un grupo heteroxéneo de veciñas e veciños ca idea de crear un proxecto a desenvolver no Morrazo. Organizámonos de xeito horizontal para aprender, debater e procurar alternativas ao modelo habitacional establecido.
Buscamos:
· Favorecer a autonomía e a convivencia colaborativa na nosa contorna (comarca do Morrazo)
· Promover o deseño e a autoxestión dun espazo habitacional específico (accesible, ecolóxico e sostible) que combine espazos privados e convivencia que estean abertos á comunidade.
· Prestar os servizos necesarios para o mantemento dunha boa calidade de vida das persoas asociadas en función das súas necesidades
· Achegar o noso gran na loita contra a especulación inmobliaria

Que facemos?
Somos un grupo de persoas cun proxecto en común: conformar unha cooperativa de vivenda en cesión de uso que pretende construír alternativas ao mercado especulativo inmobiliario actual, baixo valores sociais e ambientais.
Actualmente, atopámonos na fase do proxecto na procura de novas persoas socias e dun terreo ou espazo para rehabilitar ou construír.
Somos ESS porque...
queremos afastarnos da especulación inmobiliaria, procurando o benestar das nosas veciñas e traballando en comunidade e de maneira horizontal. Traballamos xunto a outras organizacións similares no Grupo Galego de Vivenda Colaborativa.
