O Alcouve da Moura
Alimentación
Quen somos?
Simón Ubeira Acuña, Roberto Rodríguez Vicente, Edgar Martínez Sierra e lsa Martínez Martínez formamos o Alcouve da Moura, unha pequena cooperativa dedicada á agricultura ecolóxica dende o 2019, situada no concello do Rosal, comarca do Baixo Miño.

Que facemos?
Agricultura ecolóxica con venda directa e de proximidade.
Actualmente contamos cunhas 5 hectáreas que temos en rotación permanente, realizando distintos cultivos, desde manexos mais intensivos, en invernadoiro, a outros máis extensivos, ao aire libre.
A parte de cultivar de maneira ecolóxica, tentamos facer un manexo o máis rexenerativo posible, facendo un mínimo laboreo do chan, para así conseguir un solo o máis vivo e biodiverso posible e uns alimentos o máis sans posibles.
Somos ESS porque...
levamos a cabo unha actividade económica respectuosa coa terra e coas persoas.
- Pancenteo nº12. 36770. O Rosal - Pontevedra
- 698 180 629
