Muiñeiras de Requiande
Alimentación
Quen somos?
Son Elvira Posada García, agricultora ecolóxica dende hai 10 anos. Anteriormente avogada laboralista e impulsora de proxectos de desenvolvemento, moitos no ámbito rural, en Centroamérica.
As Muiñeiras de Requiande é un obradoiro compartido con producións da comarca, para transformar excedentes hortofrutícolas a través de fórmulas tradicionais e outras innovadoras de conservación de alimentos.

Que facemos?
· Produción, elaboración, transformación e comercialización de produtos vexetais, pola sociedade, por outras produtoras da comarca que subscriban con ela o correspondente convenio.
· Actividades de formación e divulgación sobre prácticas colaborativas, os diferentes métodos de transformación e conservación de alimentos e a obtención de produtos agrícolas máis saudables para as persoas e o medio ambiente.
· A promoción do mellor aproveitamento da produción agrícola, do consumo local, do uso de recursos renovables e da conservación da biodiversidade.
Temos presente a inclusión
Traballo en colaboración co Centro de Educación especial, que ademais subministra con prioridade os produtos que se han de adquirir fóra da explotación da empresa.
Somos ESS porque...
perseguimos a mellora do medio ambiente na nosa contorna, poñemos ao servizo das produtoras locais unhas instalacións que poden axudar a consolidar a súa actividade e a favorecer a repoboación do rural, favorecendo o consumo de produtos locais e impulsando o traballo en rede.
- Requiande 26, 2771, Cedofeita-Ribadeo-Lugo
- 637 770 171
