Maos Innovación Social
Cultura e arte
Quen somos?
Somos unha empresa de economía social comprometida coa cultura de proximidade como medio de transformación social. Facémolo como cooperativa porque acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade, a responsabilidade etc. Facemos o que nos gusta desde a colaboración e non desde a competencia, grazas ao apoio de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e das entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar. Na equipa somos:
Zaira Caamaño Remuiñán: Historiadora da arte que aposta por transformar a sociedade a través da cultura.
Nee Barros Fernández: Xestor cultural coa diversidade como terra e a divulgación como semente.
Xiana Iglesias Villaverde: Cociñeira comunicativa, con xornalismo, artes gráficas e sen mandil.
Óscar Senra Gómez: Multiplataforma e multimodal como o seu título en Ciencias Sociais.
Que facemos?
Baixo a idea da cultura de proximidade, ordenamos os nosos servizos en catro bloques:
· Xestión cultural: Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos de investigación e divulgación cultural.
· Comunicación: Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas.
· Deseño gráfico: Transformamos ideas en imaxes e produtos que toman forma de publicacións, imaxes corporativas, cartelaría etc.
· Edición: Desenvolvemos proxectos editoriais, desde a conceptualización até a impresión.
Somos ESS porque...
é unha forma de estar no mundo con conciencia e coherencia cos nosos propios ideais. Podemos gañarnos a vida sen traizoar as nosas ideas e fomentando un mundo laboral e de negocios o máis xusto e cooperativo posíbel.
- Avda. Rodríguez de Viguri, 6, 1º, Santiago de Compostela (A Coruña), CP 15703
- 694 401 505
