Mada Producións S. Coop. Galega
Cultura e arte
Quen somos?
En Mada Producións levamos vinte anos facendo da programación e da produción cultural a columna vertebral do noso traballo. Cremos nas redes e no traballo colectivo e por iso, dende 2024, somos unha cooperativa composta por:
Inés Portela, xestora cultural e profesional da produción con 20 anos de experiencia traballando en diversos proxectos de todas as disciplinas artísticas.
Rubén Capelán, xestor cultural especializado en accesibilidade e comunicación cultural. Leva 15 anos vencellado á música e ao asociacionismo.
Tamén "son Mada" todas as profesionais e empresas de servizos coas que traballamos en cada proxecto e que son Imprescindibles.

Que facemos?
Os nosos servizos no ámbito cultural son amplos: produción, comunicación e accesibilidade. Distintos formatos, diferentes escenarios, públicos diversos, e unha fórmula: profesionalidade e ilusión a partes iguais. Cada proxecto é un mundo: que todos teñan un impacto positivo na comunidade, eliminando barreiras de acceso á cultura é o noso reto.
Ofrecemos servizos de:
- PRODUCIÓN: cubrimos as necesidades de todo tipo de eventos (concertos, festivais, xornadas, feiras culturais,...), para que todo estea no lugar e nos tempos necesarios e conseguir o mellor resultado posible, dispoñemos de medios técnicos propios e contamos con profesionais de confianza que completan o noso traballo.
- ACCESIBILIDADE: facemos máis accesible calquera evento cultural. Temos mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, contamos con intérpretes de Lingua de Signos para eliminar barreiras de comunicación na cultura e tamén xestionamos adaptacións de textos a lectura fácil, accesibilidade web, e sinalizacións de espazos.
- COMUNICACIÓN: deseñamos e executamos campañas de comunicación de proxectos culturais en redes sociais, e da man de compañeiras xornalistas profesionais, completamos estes servizo coa comunicación a prensa e medios tradicionais.
Temos presente a inclusión:
Especializámonos en facer máis accesible calquera evento cultural, ofrecendo servizos orientados a eliminar as barreiras de acceso á cultura.
Temos realizado proxectos culturais con espazos que traballan con persoas con discapacidade e tamén en risco de exclusión, como é o pobo xitano.
Somos ESS porque...
Unha das 3 patas principais e dos principais servizos que ofrecemos é algo que entendemos que é prioritario entre os principios da ESS: a accesibilidade cultural. Por suposto, outras como a ecoloxía e o traballo cooperativo son básicos na nosa empresa.
- Cesar nº 48 Calo (Teo)
- 690 195 217 | 622 122 898
