Labrecos
Agro e ambiente
Quen somos?
Somos 3 moz@s que constituímos recentemente unha Cooperativa de Traballo Asociado: Iván, Aitor e Raquel, somos 2 irmáns e a parella de Aitor.
Trátase dun proxecto familiar que xestionamos con moita ilusión: unha granxa circular de produción ecolóxica e rexenerativa no concello de Cesuras, na parroquia de Dordaño.
Somos cooperativa, producimos en ecolóxico, promovemos a economía social e facemos venda directa ás familias da nosa contorna, facendo chegar os nosos produtos a un prezo xusto para a parte produtora como para as familias consumidoras.
Dar a coñecer o que facemos, valorando o medio no que vivimos, poñendo as persoas sempre no centro, dando a importancia que se merecen, é un dos obxectivos que temos como cooperativa, e pouco a pouco estámolo acadando.
-1.png&w=3840&q=75)
Que facemos?
· Produción de Horta Ecolóxica.
· Produción de carne ecolóxica.
·Venda de produtos ecolóxicos.
· Venda de produtos de artesanía
· Eco e agro - turismo, divulgación e concienciación en agricultura ecolóxica e rexenerativa
(inclúe visitas guiadas e formativas á explotación)
· Formación en agricultura ecolóxica e rexenerativa.
·Talleres de aproveitamento de recursos naturais (cesteiría, plantas medicinais, cociña silvestre, manualidades, recuperación de saberes, recoñecemento de fauna e flora...
Somos ESS porque...
As persoas e o planeta están sempre presentes e traballamos nun modelo produtivo respectuoso coas persoas, os animais e o medio ambiente.
Buscamos a dignificación dunha profesión totalmente infravalorada e denostada.
Practicamos agricultura ecolóxica e rexenerativa, mellorando o soporte dos cultivos cada vez que facemos unha plantación, acadando mellores resultados con menos recursos.
Buscamos colaboracións entre proxectos afíns.
Coa venda directa podemos ofrecer prezos xustos para todas as familias, A alimentación ecolóxica ten que ser un dereito, non un luxo. Non se especula cos produtos xa que só se ofrecen produtos de tempada: produtos sans e saborosos, frescos, e de gran calidade organoléptica.
- Lg. O Castro 5, Dordaño, Oza-Cesuras
- 681 07 71 29
