Habitat Social
Vivenda e construción
Quen somos?
Unha cooperativa galega sen ánimo de lucro que traballa en Galicia desde o 2012 nos eidos da arquitectura, o urbanismo e a intervención comunitaria. Móvennos valores como a xustiza social e a medioambiental, o desenvolvemento comunitario equilibrado e a creación de ambientes saudables, diversos e autónomos.
Actualmente a cooperativa formámola Carolina Jack, Manuel Sánchez (Patxi), Ramón Fernández, Javier Rodríguez e Xiao Varela. Todas somos (persoas) socias traballadoras. No pasado, tamén foi socia Iria Brandariz.

Que facemos?
Traballamos nas diferentes escalas do hábitat na procura dunha mellor calidade de vida para as persoas co menor impacto posible para o planeta.
Facémolo con solucións adaptadas segundo a circunstancia, e primando a responsabilidade e a coherencia.
Os nosos principais ámbitos de interese son:
· A bioconstrución, e o traballo en favor da natureza, como xeitos de construír;
· A vivenda colaborativa, na procura de modelos máis xustos de habitar;
· A participación activa das persoas en procesos de deseño e construción;
· A difusión do coñecemento, a través de obradoiros e formacións específicas.
Somos ESS porque...
Combinamos a xestión eficiente cunha motivación social, democrática e participativa, priorizando o benestar da comunidade e o desenvolvemento sustentable.
- Praza Azcarraga nº 6 - A Coruña
- 881 888 259
