Git Fiare Banca Ética
Finanzas e seguros
Quen somos?
Unha entidade de finanzas éticas que ofrece produtos de aforro e crédito para particulares e entidades poñendo ás persoas no centro e entendendo o produto financeiro como unha ferramenta ao servizo da sociedade. Fiare Banca Ética pon o foco en iniciativas económicas que melloran a nosa sociedade, avaliando tanto o seu impacto económico como social e ambiental.
No Grupo de Iniciativas Territoriais de Galiza Sur estamos:
Diego, con traxectoria con números, coordina ao grupo de socias voluntarias. Luis, educador por vocación, colabora na coordinación interna e externa. Maribel, experta en proxectos socias, pon sentido e foco nas iniciativas do grupo. Ángel, o junior do grupo, achega un novo enfoque na comunicación. Miguel, experto en letras, con longa experiencia na xestión de proxectos socias, avalía social e ambientalmente os proxectos da contorna. Manuel, educador social, sempre atopando a visión "do outro". Sonia, sanitaria de formación, achega serenidade unha visión feminista no grupo.

Que facemos?
Buscamos poñer un banco, con todas as súas ferramentas, nas mans da cidadanía. Escapando da maximización do beneficio económico, o foco ponse en potenciar o beneficio social e ambiental. Entendendo o acceso ao crédito como un dereito, búscase que todas as persoas e entidades teñan a oportunidade de desenvolver "o seu proxecto", procurando un impacto local, non discriminatorio, preocupado polo mantemento ambiental. En Fiare BE entendemos a nosa presenza como un actor máis dentro dun mapa no que é necesario apoiarse e colaborar con outras para fortalecer un tecido económico alternativo.
Somos ESS porque...
entendemos que as necesidades das persoas e das nosas comunidades están por riba da maximización capitalista do diñeiro. Somos un proxecto cooperativo, que escapa de que uns poucos acumulen riqueza e busca maximizar o beneficio social traballando en rede con persoas e organizacións que a nivel local desenvolven proxectos que seguen os principios da ESS.
- R/López Mora 30 - 36211 - Vigo
- 609 36 01 57
