Acción Contra a Fame - Galicia
Acción social e ONG
Emprego social
Quen somos?
Unha equipa multidisciplinar de arredor de 20 persoas que xestionamos diversos proxectos de emprego e emprendemento.
Acompañamos a persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade, favorecendo a súa inserción sociolaboral a través do autoemprego e do emprego por conta allea.
%2520-%2520Ana.jpg&w=1080&q=75)
Que facemos?
A través dos nosos programas de emprego, propoñemos itinerarios que combinan orientación laboral, formación e obradoiros para facilitar a inserción laboral das persoas participantes.
Dende os nosos programas de emprendemento, camiñamos coas persoas participantes na transformación do seu proxecto nun negocio real a través do desenvolvemento persoal e a adquisición de competencias técnicas, financeiras e emprendedoras.
Na área de emprendemento desenvolvemos dous proxectos, cos cales buscamos potenciar a equidade, o traballo digno, a cooperación, a economía social e a sostibilidade:
- Vives Emprende Xuvenil_Xeración IN Galicia, dirixido a mozas e mozos de 18 a 29 anos en desemprego, ofrece asesoramento, formación, apoio financeiro e acompañamento para transformar ideas en proxectos con impacto positivo.
- Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, específico para municipios rurais, onde buscamos fixar poboación a través do acompañamento e a formación para a mellora do emprego e o autoemprego.
Somos ESS porque...
Entendemos a economía como un medio para vivir mellor, non como un fin en si mesma. Entendemos o emprendemento como unha ferramenta ao servizo da vida e non do lucro. Nos programas que desenvolvemos, acompañamos a persoas que buscan crear proxectos con impacto social, ambiental e territorial positivo, promovendo a cooperación, a equidade e o compromiso coa contorna. Apostamos por unha economía que pon no centro ás persoas, recoñece o valor do traballo digno, impulsa a participación comunitaria e fomenta modelos sostibles que fortalecen o tecido local. Así, contribuímos a construír territorios máis xustos, inclusivos e resilientes.
- Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
- 630 639 649
