Feitoría Verde
Educación e formación
Quen somos?
Unha Cooperativa Sen Ánimo de Lucro que entende a EDUCACIÓN coma un proceso lento de artesanía: orixinal, cheo de afectividade, de tempo investido e de pequenos detalles. Unha acción de transformación social que nos fai estar en constante proceso de mellora e aprendizaxe, tanto persoal como colectivamente. Unha actividade pedagóxica e política que coloca no centro as necesidades e o benestar das persoas e da natureza que habitamos, e abre a posibilidade de tecer redes e xerar interaccións na construción da xustiza social e ambiental.
Detrás deste proxecto estamos:
· Ángela Fraga: Son educadora social e pedagoga. Considero que integrar perspectivas, sensibilidades e carácter lúdico en todos os momentos dos procesos educativos é fundamental para que teñan éxito.
· Miguel Pardellas: Son educador ambiental. A ligazón entre a investigación, a participación e a acción educativa é unha teima en calquera dos proxectos nos que participo.
Que facemos?
Desenvolvemos os nosos proxectos en varias liñas de traballo como a educación ambiental (cultura da sustentabilidade, cambio climático, e economía social); a educación social (emocións, xestión de grupos, e transformación de conflitos); a participación (dinamización, desenvolvemento comunitario, xogos); ou a igualdade (xénero, diversidades afectivo-sexuais, e coidados); contemplando sempre a transversalización de temáticas como clave nas súas intervencións.
Somos ESS porque...
a nosa actividade está directamente ligada á ESS, como cooperativa sen ánimo de lucro, e pola promoción que facemos nas nosas intervencións educativas da economía polo ben común e a busca de alternativas fora dos marcos do sistema.
- Rúa Proxecto Vagalume, 7 - Santiago de Compostela
- 698 161 760/ 698 164 249
