Down Galicia
Emprego social
Quen somos?
En Down Galicia traballamos na promoción da autonomía e inclusión de persoas coa síndrome de Down, con programas de formación e inserción laboral, vida adulta e recursos educativos que contribúen ao traballo digno, equidade e compromiso co entorno.
A nosa Federación está impulsada por unhas 800 familias que, a través da súa organización en sete entidades, fan posible o desenvolvemento do Movemento Down e os seus servizos e actividades.
Na actualidade Delmiro Prieto é o presidente da Federación. Acompáñano na Xunta Directiva de Down Galicia: Manuel Pérez (Down Pontevedra Xuntos) como vicepresidente, Elías Ledo (Down Compostela) como secretario, Rafael Cabezas (Down Ourense) como tesoureiro, e os vogais José Antonio Villamarín (Down Lugo), José Martín (Teima Down Ferrol), Mª José Gimeno (Down Coruña) e Cándido Giráldez (Down Vigo)
Que facemos?
A Federación Down Galicia, creada en 1998, é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a sete entidades específicas para a síndrome de Down de Galicia
O seu fin é garantir a igualdade de oportunidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a través da provisión de servizos e actividades das que carecen na súa contorna
As súas áreas de traballo son Atención temperá, Inclusión educativa, Formación e Emprego, Vida adulta e independente e as Áreas Complementaria e Transversal. Destacan os programas de Emprego Con Apoio, Inclusión Educativa e Envellecemento Activo.
Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.
Somos ESS porque...
Situamos ás persoas no centro de todo o que facemos. Traballamos cada día para que as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual poidan exercer plenamente os seus dereitos, desenvolverse con autonomía e calidade de vida ademais de participar activamente na sociedade. A nosa actividade busca xerar impacto social e non lucro: promovemos inclusión, igualdade e cooperación, valores que compartimos coa Economía Solidaria. Xestionamos os nosos recursos con transparencia e apostamos por unha economía que sosteña a vida, baseada na dignidade, na participación e no ben común.
- Rúa Alejandro Novo González 1 - 15706 - Santiago de Compostela
- 981 581 167
