Davella
Cultura e arte
Comunicación e TIC
Quen somos?
Un colectivo de profesionais freelance formado por:
Bárbara G. Vilariño, xornalista e consultora de comunicación dixital. Desde 2009 comunicando e difundindo de historias que pagan a pena contar e defender, sobre todo nos eidos culturais, sociais e deportivos, tanto en prensa como en comunicación corporativa para empresas e institucións.
Mon Rivas, xestor cultural e comisario independente. Teño máis de quince anos de experiencia na xestión de proxectos culturais a nivel internacional, traballando con diversas disciplinas artísticas, formatos e públicos.
Partimos do noso compromiso co impacto positivo na sociedade e desde aí ofrecemos servizos para os eidos da cultura, o tecido asociativo e o deporte inclusivo nos que facemos explícitos os nosos valores.
Cremos nun modelo de traballo máis xusto para todas as persoas: sen xerarquías, minimalista, colaborativo e en rede. Choiamos en Internet e cremos no quilómetro cero, sempre en rede con outros perfís interdisciplinares que comparten a nosa filosofía aberta, a mesma da que fala Kae Tempest, sobre como conectar de xeito creativo pode axudarnos a desenvolver a empatía para establecer relacións profundas.

Que facemos?
Servizos para os eidos da cultura, o tecido asociativo e o deporte inclusivo: consultoría estratéxica, financiamento, curadoría e comisariado, mediación cultural, produción técnica, comunicación e márketing, automatizacións e sistemas de produtividade, formacións e capacitacións a medida.
Somos ESS porque...
Somos Activistas e posicionadas: cremos firmemente no impacto positivo que xeran na sociedade a cultura, o asociacionismo e o deporte.
Somos Xustas: Cremos na xustiza social e na equidade, partindo da honestidade.
Somos Coidadoras: Sempre próximas a ti e ao teu proxecto, baixo acordos de coidado mutuo.
Facemos en galego e desde Galicia: Cremos no quilómetro cero e na lingua propia, porque podemos desenvolver grandes proxectos desde o noso recuncho para o mundo.
