Dalle que Dalle
Educación e formación
Consultoría e I+D
Quen somos?
Somos unha entidade sen ánimo de lucro, que crea proxectos para impulsar a sostibilidade no territorio baseados na innovación social. Asumimos con responsabilidade o reto de concienciar dende o exemplo para unha transición económica, ecolóxica e social que poña a vida no centro.
Susana Loroño Mondragón, son técnica documentalista e coach e impulsei esta cooperativa no 2014 para a creación do primeiro espazo de coworking na vila. Actualmente lidero os programas de emprendemento, economía social e asesoramento empresarial.
Laura Vidal Bralo, son doutora en bioloxía e incorporeime no 2020 para asumir a coordinación dos programas de formación para o emprego e asesoramento en materia de sostibilidade, cun claro enfoque medioambiental.
Lorena Leiro Paz, psicóloga sanitaria, cheguei a esta cooperativa no 2021 para poñer ás persoas no centro, liderando a área de igualdade.

Que facemos?
Ofrecemos servizos de consultoría e formación, coworking, atención psicolóxica e desenvolvemos proxectos de carácter social e ambiental no territorio.
Somos ESS porque...
consideramos que a sostibilidade económica, social e ambiental é o único camiño posible cara o futuro. Consideramos que o sistema de desenvolvemento actual, centrado no capitalismo e na desigualdade non é un modelo viable a longo prazo.
Dende a nosa cooperativa e a través do noso regulamento interno garantimos emprego digno tanto para as persoas socias como para as provedoras, xerando riqueza de xeito respectuoso co medio e co territorio, e contribuíndo ao reparto da mesma entre os colectivos máis vulnerables da nosa contorna. Contamos cun plan que rexe o noso crecemento e proxectos segundo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no que se reflicte o noso compromiso coa contorna.
- Rúa Méndez Núñez nº2, 2ª planta, 36600, Vilagarcía de Arousa
- 986 188 467
