Cuarzo Verde
Educación e formación
Quen somos?
Eu son Laura, apaixonada da natureza e Doutora en Bioloxía e son especialista en Conservación do Medio Ambiente. Gozo espertando a paixón e amor pola nosa contorna a través de metodoloxías didácticas participativas e moi divertidas.
Eu son Pilar e son especialista en Xestión Medio ambiental e Desenvolvemento Sostible. As miñas propostas axudan a reducir o impacto ambiental dos cidadáns e a tecer redes de apoio colectivo que apoderan ao individuo e sementan confianza na colaboración.
Ambas traballamos como guías no do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Innovamos dende a orixe centrándonos no benestar das persoas e dos territorios; resignificando a vida sostible. Priorizamos a redución de residuos antes que a xestión e a reciclaxe. Aproximamos ás persoas ao consumo de produtos ecolóxicos, pero tamén ao aforro económico e o tempo investido nesta faceta da súa vida. Damos importancia ao benestar social desde o apoderamento individual e o fortalecemento das accións comunitarias.

Que facemos?
A nosa actividade pon en valor o benestar das persoas, do planeta e dos seres que o habitan. Impartimos Obradoiros e Rutas Guiadas que achegan recursos e capacitan ás persoas para diminuír o seu impacto ambiental, aumentar o seu poder persoal e capacidade de aporte colectivo, ante intereses afines. Realizamos rutas guiadas principalmente na provincia de Pontevedra e obradoiros enfocados en Educación Ambiental, Vida Sostible e Alimentación saudable e de baixo impacto ambiental.
Somos ESS porque...
nos permite manter coherencia entre as nosas inquedanzas persoais e profesionais. Porque buscamos o benestar das persoas e dos territorios de maneira prioritaria, conscientes de que transformar o modelo económico vixente ata agora precisa dun tempo e esforzo adicionais para garantir a sustentabilidade de vida.
- Avenida da Hispanidade, 76. C.P. 36203 Vigo
- 722 42 37 49
