Coop57 Galiza
Finanzas e seguros
Quen somos?
Somos unha cooperativa de servizos financeiros cuxa actividade principal é financiar entidades da economía social e solidaria a través do aforro que persoas e entidades que queren vincular o seu diñeiro á construción dunha sociedade máis inclusiva e sustentable.

Somos ESS porque...
cremos na capacidade transformadora da nosa actividade en pro dun mundo mellor e máis sustentable, da xustiza social e dunha economía ao servizos das persoas e do Planeta
As persoas que depositan o seu aforro en Coop57, contribúen a fortalecer á economía social e solidaria, ao tempo que conectan os seus valores co uso que se lle fai aos seus cartos, grazas á confianza e á transparencia na nosa acción. Desde a perspectiva das entidades socias que se financian, obteñen uns recursos imprescindibles para desenvolver os seus proxectos, que habitualmente lle son negados noutras entidades financeiras tradicionais. Tanto unhas coma outras, axudan tamén a fortalecer o propio proxecto mediante a súa participación na cooperativa.
- Rúa República do Salvador 3-2º Dta - Santiago de Compostela
- 673 524 739
