Árbore Consumo Consciente
Alimentación
Quen somos?
Somos cooperativa para poder ofrecer ás nosas traballadoras un traballo digno e no que participen na toma de decisións. Estamos aliñadas na promoción da sustentabilidade ecolóxica, nomeadamente a través do consumo consciente e responsable. Poñémonos en contacto coas produtoras agrarias da nosa contorna para poder ofertar ás nosas socias e clientas un produto fresco, de calidade e de proximidade. Isto axuda tamén a construír comunidade e conectar a cidade de Vigo coa súa contorna. Comercializamos tamén produtos de comercio xusto para defender o reparto equitativo da riqueza.
En Árbore somos preto de 150 socias consumidoras, fundamentais para o sustento da cooperativa. Rexímonos por un Consello Reitor, que se encarga da toma de decisións entre asembleas. Temos tamén unha equipa laboral de cinco persoas traballadoras que desenvolve o traballo diario da tenda: atención ao público, pedidos, recepción, administración, etc.

Que facemos?
A nosa cooperativa ofrece a persoas socias e non-socias unha selección de produtos frescos e locais. En Árbore vendemos produtos ecolóxicos, veganos e vexetarianos, facémolo sempre tendo en conta todas as partes implicadas e traballamos con multitude de produtos de orixe ecolóxica. Na nosa tenda de Vigo poderás atopar dende produtos de alimentación até cosméticos, pasando por artigos de hixiene, suplementos nutricionais etc.
Somos ESS porque...
somos unha cooperativa de consumidoras, sen ánimo de lucro. Esforzámonos en construír unha forma de consumo responsable e sustentable que escape das lóxicas voraces do capitalismo. Ademais, procuramos crear comunidade e estamos en conexión con outras entidades de ESS que son tamén fundamentais para o noso sustento. En rede medramos todas.
- Rúa López Mora 30, baixo. Vigo
- 986 233 497
