Coma Comunicación Creativa
Comunicación e TIC
Quen somos?
Somos unha Sociedade Cooperativa Galega, baseada nun modo de organización horizontal e nun xeito de traballo colaborativo, conformada por catro persoas socias, que construíron unha alternativa profesional e laboral ante unha realidade cada vez máis complexa.
Entendemos os proxectos nos que participamos coma oportunidades para relacionármonos de forma flexible e creativa con outras entidades e aproveitar ao máximo a comunicación.
Na equipa de Coma estamos:
Diego Jiménez, comunicación online e planificación estratéxica. Comunicador/cidadán, firme crente do poder da imaxinación para transformar o mundo.
Marta Paz, deseño e desenvolvemento web. Cun perfil artístico e creativo é a que mellor se entende co código sempre que sexa libre.
Carlos el Rojo, dirección de arte e creatividade. Apaixonado das tipografías, cores planas e a sinxeleza.
Christian Sellés, dirección de medios. Xornalista en tempos que dá vergoña recoñecelo e cóntase coa boca pequena; redirixido alén, ao que conta as verdades.

Que facemos?
Coma é unha axencia de comunicación en modo cooperativa, especializada nos eidos da cultura, o medioambiente e a economía social.
Cremos na comunicación, nas posibilidades que nos ofrecen as súas múltiples canles e na creación como solución.
Creamos ideas coa comunicación como base, en liña, Offline e en calquera lugar intermedio.
Facemos estratexia de comunicación, páxinas web, xestión de redes sociais, prensa e calquera necesidade que teñan en comunicación os proxectos nos que colaboramos.
Somos ESS porque...
consideramos que é a resposta colectiva máis acaída, desde o ámbito económico, aos retos do mundo actual. O noso enfoque de traballo é horizontal, creativo e colaborativo.
