Cestola
Cultura e arte
Quen somos?
Unha cooperativa onde Raquel Doallo Álvarez, Xoana Álvarez Martín e Miguel Peralta Maraver traballamos a pintura, a obra gráfica e o muralismo partindo dos seguintes valores:
· Somos unha cooperativa, entendemos o traballo deste xeito. Defendemos unha dignidade retributiva, tempo de ocio e equidade.
· Defendemos un proxecto sostible, que dure no tempo e respecte e coide a contorna natural minimizando e facendo un uso responsable dos residuos.
· Compromiso coa contorna: coñecer e respectar os espazos onde intervimos cos murais.

Que facemos?
En Cestola dedicámonos á pintura, a ilustración e o muralismo. No 2024 abrimos "Oficina Rúa" a nosa tenda taller onde producimos e vendemos obra orixinal e gráfica (serigrafías, risografías e impresións dixitais)
Somos ESS porque...
Queremos este modelo de economía onde as persoas e a contorna estean por riba do capital. Primamos o traballo digno e de calidade aos beneficios, porque queremos ter tempo libre e non crecer a toda costa e porque queremos ter un proxecto enraizado na terra con compromiso e coñecemento da nosa historia e cultura.
- Praciña de Belvís nº1, 1º - Santiago de Compostela
- 653 477 783
