Aventeira
Educación e formación
Turismo e lecer
Quen somos?
Unha entidade sen ánimo de lucro, o noso fin último é a transformación do mundo nun lugar mellor. Traballamos para as persoas, facendo fincapé nos coidados e na comunicación.
O trasfondo educativo é parte fundamental de toda a nosa actividade, buscando sempre, de xeito explícito ou implícito, transmitir á sociedade os valores que nos moven.
Detrás de Aventeira estamos Aitor, Andrea, Bobi, Miren, Pol, Rubén, Rubo, Inés e Xulio, coordinadoras de tempo libre e técnicas en igualdade con anos de experiencia no sector. A nosa traxectoria avala a nosa profesionalidade e capacidade de traballo en actividades moi diversas: asociacionismo, xestión e redacción de proxectos, coordinación de equipos de persoas, dinamización, gamificación, mediación, igualdade de xénero, organización de campamentos, excursións e actividades de todo tipo.

Que facemos?
· Campamentos infantís e/o xuvenís e outras actividades de lecer e tempo libre.
· Roteiros e excursións para centros educativos e outros colectivos.
· Formación para a obtención das titulacións oficiais de Monitor/a de Lecer e Tempo Libre, Director/a de Actividades de Lecer e Tempo Libre, Director/a de Campos de Voluntariado e cursos complementarios.
· Mediación escolar.
· Igualdade para centros educativos, AFAs, colectivos ou institucións públicas.
· Dinamización cultural e lingüística.
· Proxectos de participación infantil e xuvenil.
· Hostalería no Xeocamping Montañas do Courel (Ribas de Sil - Lugo).
Somos ESS porque...
estamos totalmente en liña cos seus valores. Cremos na creación colectiva, no diálogo e nos consensos, e poñemos sempre ás persoas por diante. Apostamos máis pola cooperación que pola competición. Para acadar este obxectivo, servímonos do modelo cooperativo, que nos permite traballar con outras, dende a horizontalidade e a cooperación, na consecución dos nosos fins.
- Avda. Conces, 61 2º - Fene
- 722 658 767
