AtalaiAS
Educación e formación
Quen somos?
En atalaia.gal apostamos por unha comunicación con alma, feita desde e para as persoas. Creamos espazos de encontro e reflexión que fortalecen o tecido social e dan voz a quen non a ten. Traballamos en rede, con coidado, igualdade e compromiso co territorio. Non buscamos lucro, senón sostibilidade colectiva e transformación social, poñendo a comunicación ao servizo do ben común e non do mercado.
Nesta atalaia estamos:
Noelia Darriba García: Son educadora social e terapeuta do Reencontro. Gústame acompañar procesos persoais e grupais, crear espazos de botrato e aprendizaxe compartida. En AtalaiAS sigo medrando, coidando e gozando do que fago, poñendo corpo, emoción e vida en cada proxecto.
Raquel Veiga Teijeiro: Son educadora social e técnica en animación físico-deportiva. Acompaño persoas e grupos desde o coidado e a alegría, creando espazos de relación e igualdade. En AtalaiAS fago o que me move: educar, rir e compartir camiño cara a unha sociedade máis libre e respectuosa.
%2520-%2520atalaiAS%2520S.Coop.Galega.jpg&w=3840&q=75)
Que facemos?
Dende AtalaiAS ofrecemos servizos socioeducativos, de intervención familiar e acompañamento emocional. Deseñamos e impartimos formación regrada e non regrada, obradoiros e programas de crecemento persoal. Xestionamos e dinamizamos espazos e proxectos comunitarios, creamos materiais educativos e promovemos a investigación e a innovación social, sempre co obxectivo de mellorar o benestar e o desenvolvemento das persoas e comunidades.
Somos ESS porque...
poñemos ás persoas e á comunidade no centro de todo o que facemos. Traballamos con autoxestión, de forma transparente e participativa, sen perseguir o lucro individual, senón a sostibilidade colectiva. Cada decisión busca o ben común, fortalecendo o tecido social, promovendo a cooperación con outros proxectos e respectando o territorio e os recursos. A nosa actividade non se limita a ofrecer comunicación e servizos; tamén promove valores como o botrato, a inclusión e a responsabilidade social, buscando así xerar impacto positivo cara unha sociedade máis xusta.
- Praza Maior 6, Muimenta - Lugo
- 677 214 613
