Asociación Boa Vida
Téxtil e complementos
Emprego social
Quen somos?
Nos seus inicios impulsou a iniciativa Pepa Vázquez, Traballadora Social, e Toño Ramírez, coas persoas en exclusión que nese momento buscaban alternativas de vida. Na actualidade Clara Setti (Psicóloga) leva a xerencia xunto co equipo.
Desenvolvemos tres obxectivos que responden aos piares de solidariedade, loita contra as causas que producen pobreza e o dereito a vivir do traballo:
1. Promover a formación e reinserción social e laboral.
2. Incidir na educación medioambiental e economía circular desigual.
3. Promover políticas que creen incidencia e melloras nos procesos de xeración de inxustizas sociais e medioambientais.

Que facemos?
Formamos parte do Movemento Internacional Traperos de Emaús, realizamos o proceso produtivo de recollida, almacenaxe, reutilización, recuperación, reciclaxe e comercialización de produtos doados.
O obxectivo das Tendas Solidarias é promover a formación e reinserción social e laboral de persoas en situación de exclusión a través de actividades vinculadas á reutilización, recuperación, reciclaxe, comercialización, almacenaxe e reparación de produtos de segunda man. Ademais, impulsamos prácticas de sustentabilidade ambiental e economía circular, contribuíndo ao desenvolvemento persoal e profesional das participantes.
Somos ESS porque...
recollemos o que a xente xa non precisa, somos persoas en situación de exclusión e producimos ingresos e beneficios para nós, a sociedade e o medio ambiente. A través do traballo diario, practicamos a equidade, a ecoloxía, a xustiza e a solidariedade.
- Rúa Santa Clara, 35, 36002 Pontevedra
- 986 848 159
