aopaso
Educación e formación
Acción social e ONG
Consultoría e I+D
Quen somos?
Somos María Atienza e Raquel Doallo, amigas e compañeiras de activismo económico desde hai máis de 15 anos. Ambas somos economistas con formación e experiencia en eidos diversos: fomento da economía feminista, social e solidaria; facilitación grupal e acompañamento a colectivos con metodoloxías participativas e mirada comunitaria; xestión de proxectos de cooperación internacional e educación transformadora; e unha fonda vocación polo traballo en rede.
Queremos construír un proxecto coidadoso con nós e as nosas contornas, que poña a vida no centro. Por iso...
· Desenvolvemos formación desde a mirada da economía feminista, social e solidaria.
· Ofrecemos servizos de consultaría a iniciativas afíns (cooperativas, asociacións, ONGD...), conectándonos á educación transformadora e a cooperación internacional para o desenvolvemento.
· Apostamos por metodoloxías herdadas do saber comunitario e a facilitación grupal, buscando o goce nos procesos compartidos: xogamos, regueifamos e construímos con compañeiras.

Que facemos?
Formación e acompañamento con mirada local-global: servizos de facilitación grupal, formación para o fomento do cooperativismo e a economía solidaria e consultoría para ONGD especializada en avaliación de proxectos de educación transformadora e cooperación internacional... desde unha mirada lúdica e participativa.
Somos ESS porque...
somos colectivas, buscamos a intercooperación e revisámonos cara a aplicar de forma progresiva os principios da ESS. Facemos auditoría social para camiñar con ese horizonte e ser socias de REAS Galicia axúdanos a situarnos dentro dun contexto compartido de persoas e organizacións que buscan poñer a vida no centro desde a economía.
