Anainas Skin Peace
Saúde e coidado
Quen somos?
Anainas Skin Peace é unha marca de Galicia especializada na cosmética infantil. O seu nome, Anainas, vén da voz galega “anainar”, que significa arrolar cantando nanas.
Detrás deste proxecto estamos Raquel e Laura, dúas amigas da infancia con paixón pola sostibilidade, a natureza e unha forma de vida en equilibrio. Aínda que as nosas carreiras e os nosos estudos son moi distintos, Raquel é licenciada en Química e Laura diplomada en Turismo, combinamos coñecementos e experiencias persoais para fundar Anainas.
Que facemos?
Os nosos produtos están certificados e son ecolóxicos e veganos, libres de tóxicos. Están deseñados para coidar todas as peles: desde as máis delicadas, sensibles ou problemáticas da infancia como as peles sas ou reactivas das persoas adultas. De feito, un dos nosos obxectivos é cubrir as necesidades de hixiene e hidratación diaria de toda a familia con só 2 produtos.
Somos ESS porque...
Cremos nunha cosmética que coida a pel e o planeta, guiándonos polos valores da ESS. Apostamos pola equidade, ofrecendo solucións accesibles para todo tipo de peles. Practicamos un consumo consciente, promovendo a sostibilidade ecolóxica con envases reciclables. Defendemos o traballo digno, colaborando con provedores locais e éticos. A cooperación e o reparto xusto da riqueza están presentes no noso compromiso por construír un futuro máis respectuoso e humano. Buscamos, en definitiva, coidar non só a pel, senón tamén a relación coa nosa contorna.
- Avenida Alcalde Manuel Platas Varela, 93, 1º - Vilarrodís, Arteixo
- 613 065 995
