Amarelante
Alimentación
Quen somos?
Unha cooperativa que nos movemos baixo os principios de sostibilidade ecolóxica e xustiza social. A sostibilidade ecolóxica procurámola mediante a recuperación de soutos abandonados, a reactivación da produción de castañas e a redución do risco de incendios forestais. A xustiza social manifestase na loita por revitalizar o medio rural e facer da recollida e produción de castañas unha actividade de presente e de futuro en Manzaneda.
Cada castaña, fariña ou bica é o resultado da unión destes principios durante os seus respectivos procesos de elaboración.
Davide Rodridez, Iria González, Lito Prado, Luz Ocampo, Marcos Conde, Natalia Nogueira, Oscar Freire e Sonia Couso, somos o grupo de persoas que dende diferentes perfis profesionais contribuímos á xestión diaria da cooperativa. Pensamos en Amarelente como o proxecto onde poñer en práctica os principios que nos moveron ao longo da nosas vidas de activistas en diferentes movementos sociais, culturais e ambientais.

Que facemos?
Constituímos esta cooperativa para a recuperación de soutos para a producción de castaña e derivados. Promovemos a sustentabilidade ambiental, social e cultural a través de diferentes actividades como as visitas á cooperativa tanto pedagóxicas como turísticas.
Con ela procuramos:
· Dinamizar unha zona rural do interior de Galicia, a partir da posta en valor dos seus recursos endóxenos e promovendo o asentamento de poboación.
· Crear emprego tanto para as persoas cooperativistas como para o municipio, baixo os principios da sustentabilidade e a xustiza social.
· Contribuír á frear os procesos de degradación dos espazos rurais galegos causados polo seu abandono.
Somos ESS porque...
temos como misión contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas socias e da poboación local contribuíndo coa súa actividade ao desenvolvemento socieconómico do territorio no que se asenta. Pretendemos difundir os valores do medio rural galego como unha estratexia colectiva para a superación das rixideces do capitalismo.
- Entendemos o noso proxecto como unha ferramenta de trasformación social.
- Promovemos unha volta ao medio rural, cunha visión integradora, de respecto mutuo.
- Solidareidade intra e inter xeracional.
- Desenvolvemento comunitario e participación social.
- Autoxestión
- Apoio mutuo
- A Corredoira, 4. 32781 Manzaneda (Ourense)
- 606 226 291
