Alvariza Colaborativas Compostela
Vivenda e construción
Quen somos?
Promovemos a creación dunha comunidade intencional e interxeracional que comparta vida e servizos en vivendas colaborativas en cesión de uso. Buscamos equilibrar a vida individual e social a través da convivencia, poñendo o benestar das persoas no centro do que facemos e dos servizos que planeamos ofrecer:
· A vivenda como servizo para compartir a vida en comunidade colaborativa sen ánimo de lucro.
· Unha vivenda en cesión de uso indefinido ás socias onde a propiedade do construído é de Alvariza, en Roxos (Santiago de Compostela).
· Construción e estilo de vida enfocado a reducir o impacto ambiental.
Na directiva actualmente estamos:
Carmela: Son mestra retirada. Sempre estiven en colectivos veciñais e de renovación pedagóxica.
Cristina: Son psicóloga e colaboro en asociacións para mellorar a vida das persoas.
Elena: Fun mestra e, na escola e fóra, o que máis me gusta é o traballo colaborativo.
Encarna: Educar e coidar para mellorar as condicións de vida das persoas na contorna é o que me move.
María: Como mestra e como persoa procuro apoiar alternativas máis humanas e xustas ao xeito de vida actual.
Tere: De mestra e agora tamén, motívame involucrarme en proxectos que impliquen melloras para todas e para o planeta.

Que facemos?
Vivenda Colaborativa en cesión de uso : vivenda privada de diferentes tipoloxías, espazos comúns para compartir actividades e servizos acordados na comunidade. Algúns deles: comedor, sala polivalente, espazo de lavandeiría, rochos para material e utensilios compartidos, horto, espazos de encontro e comunicación, espazo para coidados, patio, etc.
Temos presente a inclusión
Temos contratado servizos a entidades que traballan pola inclusión de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión, coma por exemplo ASPAS. Está no sentir das socias utilizar empresas que traballen que o fagan cando sexa posible.
Somos ESS porque...
o que máis nos importa é colaborar en facer un mundo máis humano e respectuoso coa vida, onde a xustiza, a equidade, e o ben común sexan a prioridade necesaria na toma de decisións e o coidado do planeta no que vivimos, o xeito de coidar a casa de todos os seres que o habitamos.
Entendemos a vivenda como dereito, non negocio: o que pagamos por ela é o que custa construíla e mantela e ademais promovemos e xestionamos o proxecto, de forma intencional, responsable e colaborativa.
Buscamos na rede da ESS ás cooperativas e profesionais que necesitamos.
Nos valores do proxecto recollemos: buscar medios de facilitar o acceso económico; organizar os espazos, a xestión, os servizos e as relacións poñendo os coidados no centro; priorizar o criterio de sostibilidade ecolóxica na construción e no estilo de vida... Todo isto define o noso estilo e relación cos principios da ESS
- Feliciano Barrera Fdez 11B, 3ºC. 15706 Santiago de Compostela
- 676 415 031
