Alalá coop
Educación e formación
Quen somos?
Somos Julieta e Cande, socias fundadoras de Alalá. Somos educadoras sociais con formación en Educación Ecosocial, Arteterapia e igualdade. A nosa paixón é crear espazos de transformación social e ambiental, seguindo os principios da Economía Social e Solidaria, onde as persoas e o coidado do planeta son o centro. Desde 2022, Alalá é o noso proxecto vital para impulsar unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa co medio ambiente.
%2520-%2520ALAL%25C3%2581%2520S.%2520COOP.%2520GALEGA.jpg&w=3840&q=75)
Que facemos?
Alalá é unha cooperativa sen ánimo de lucro que impulsa a transformación ecosocial mediante proxectos educativos, culturais e sociais. Ofrecemos formacións e acompañamento a comunidades educativas e entidades sociais, con procesos inclusivos e participativos. Traballamos desde o coidado das persoas e do medio ambiente, promovendo igualdade de xénero, convivencia, inclusión, diversidade, sensibilización ambiental e proxectos comunitarios como patios coeducativos, arteterapia, ecofeminismo e participación cidadá.
Ofrecemos formacións e proxectos para a transformación ecosocial das Comunidades Educativas, Entidades Sociais ou Organizacións.
Facémolo seguindo o noso forte compromiso comunitario mediante o coidado medioambiental e das persoas, priorizando procesos inclusivos, participativos e horizontais.
Xuntas loitamos pola xustiza ecosocial.
Temos presente a inclusión:
Contamos con políticas específicas de inclusión. En todos os nosos proxectos garantimos a participación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, adaptando actividades, espazos e recursos para que sexan accesibles e inclusivos. Traballamos de xeito colaborativo con entidades sociais e seguimos prácticas que fomentan a igualdade de oportunidades e a participación activa de todas as persoas na comunidade.
Traballamos con entidades que promoven a inclusión de persoas con discapacidade e en risco de exclusión, coma por exemplo coa cooperativa Elefantes Rosas, para garantir que os nosos proxectos e actividades sexan accesibles, participativos e inclusivos, reforzando o noso compromiso coa xustiza social.
Somos ESS porque...
o corazón de Alalá son os principios da cooperación, o coidado, a participación e a xustiza social. Traballamos de forma colaborativa e inclusiva, coidando ás persoas e ao medio ambiente, apostando por procesos horizontais e respectuosos. Cada proxecto educativo, cultural ou comunitario que desenvolvemos reflicte estes valores, promovendo aprendizaxe, igualdade, ecofeminismo e transformación social dende a base da comunidade.
- Rúa Salgosa 1C, TOMIÑO (Pontevedra)
- 663 332 116
