AIS O Peto
Finanzas e seguros
Quen somos?
A Asociación por un Interese Solidario “O Peto” nace ante a necesidade de poder dar cobertura a proxectos autoemprego que non eran apoiados/financiados pola banca tradicional.
Así, nace como unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nivel micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de investimento ético a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
A organización é impulsada desde o grupo de traballo da xunta directiva, aberta sempre a incorporacións. Somos persoas físicas de distintos puntos do territorio galego.
Que facemos?
O noso fin é o investimento non lucrativo de proxectos con rendibilidade social ou cultural e viabilidade económica, que poñen o centro de atención no traballo socialmente necesario para que a persoa poda ser protagonista da súa vida. En todo caso, o fomento do autoemprego mediante axudas aos gastos para o inicio de actividades empresariais e creación ou mantemento de postos de traballo, cando a banca tradicional non lles da respaldo.
Somos ESS porque...
Situamos ás persoas por enriba do capital e da súa acumulación, buscando un traballo digno e en equidade, mediante a cooperación e un reparto xusto da riqueza adoitando un compromiso coa entorna na que vivimos.
- Praza de San Xoán Bautista de la Salle, nº1 - Santiago de Compostela
- 666 983 182
