7H cooperativa cultural
Cultura e arte
Quen somos?
Este é un proxecto de autoemprego colectivo e un modelo de xestión empresarial baseado na economía social solidaria e, por tanto, centrado nas persoas e na comunidade. Tras 10 anos de experiencia, afianzámonos como unha cooperativa cultural especializada en proxectos artísticos participativos e de base comunitaria, feministas, sociais e cunha forte vinculación ao territorio.

Que facemos?
As nosas áreas de actuación céntranse na xestión e mediación cultural, a educación e a arte. Como especialistas na realización integral de proxectos e actividades, comisariado de exposicións e dirección e coordinación de programas artístico-culturais, traballamos de xeito minucioso desde a súa formulación inicial até a súa execución final.
Somos ESS porque...
Cremos noutro xeito de traballar e tecer redes. Todas as nosas propostas responden e se relacionan coas historias e experiencias, conflitos e necesidades das persoas e lugares nos que traballamos, desde os feminismos e a inclusión social. En consecuencia, os nosos proxectos privilexian a busca do interese e benestar común sobre o beneficio económico e por iso somos economía social e solidaria.
- Rúa García Prieto nº46-48 baixo - Santiago de Compostela
- 881 978 756
