50pés consultoras
Consultoría e I+D
Quen somos?
Somos Mariola Mourelo, facilitadora de grupos, e Helena Sanmamede, tradutora económica, dúas profesionais da economía e do traballo en equipo que temos como obxectivo axudar a iniciativas empresariais e sociais a desenvolver proxectos efectivos, sustentables e rendibles.
O noso obxectivo global é axudar a outras empresas, organizacións, profesionais autónomas a conseguir o éxito nos seus proxectos individuais e colectivos; queremos que cheguen a construír empresas e organizacións viables e vivibles. Procuramos crear un proxecto profesional, útil, efectivo e pragmático con impacto nas persoas, nas comunidades e nas interaccións globais.
Mariola está especializada no traballo en equipo, organización e igualdade, con formación en xestión e facilitación de grupos e en promoción de igualdade de xénero.
Helena está especializada na formación e acompañamento a empresas con metodoloxías prácticas e facilitación visual, con formación en ciencias empresariais.

Que facemos?
Ofrecemos servizos de acompañamento integral e formación especializada dende a perspectiva da economía feminista e economía social, tendo en conta tanto os números como as persoas:
· Acompañamento empresarial personalizado, tanto para emprender como para consolidar empresas
· Facilitación para empresas
· Tradución económica
· Formación para equipos de traballo
· Formación modular "Ferramentas para o emprendemento"
· Outros servizos: cafés-networking, palestras especializadas, mentoring e cursos on-line
Somos ESS porque...
é unha fórmula que acolle plenamente os nosos valores: horizontalidade na organización, coidados no entorno laboral (dentro e fóra da organización), intercooperación, feminismo, transformación e xustiza social.
